Monteval Qué é a Asocición Monteval GDR 13-? Monteval


Monteval é o Grupo de Desenvolvemento Rural da Comarca de Verín que se encarga de elaborar e desenvolver unha estratexia de desenvolvemento comarcal ao abeiro do Programa LEADER e o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013.


Monteval é unha Asociación constituída por todas as entidades do ámbito económico, social, cultural, veciñal, medioambiental ou profesional que desexen implicarse. Estas entidades funcionan como calquera asociación sen fin de lucro e cumpren o principio de portas abertas polo que están obrigadas a admitir calquera organización do seu territorio que desexe participar no programa.


Monteval deseña e executa o programa LEADER dos concellos de A Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Monterrei, Laza, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós; e avalía as principais posibilidades, oportunidades e necesidades da comarca desde o punto de vista produtivo, económico, dotacional, ambiental e social.


O Grupo conta cunha estrutura técnica que dinamiza, mobiliza e promociona a estratexia deseñada para o noso territorio có fin de que xurdan proxectos que se poidan financiar ao abeiro do programa. É o propio órgano directivo do GDR quen analiza e valora os proxectos, atribuindo unha porcentaxe da axuda, partindo duns criterios predefinidos. A decisión trasládase a AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural de Galicia) que, logo de revisar que a atribución do GDR se axusta á normativa, resolve a concesión da axuda.



Monteval Noticias Monteval


Noticias Anteriores

Monteval Vida útil dun proxecto Monteval


Proceso